Paquete de execución de Mozilla que pode ser utilizado para arrincar aplicacións XUL XPCOM como Firefox ou Thunderbird.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
O obxectivo de XULRunner é facilitar o desenvolvemento e despregue de aplicacións de Internet. Non pretende ser un programa completo, o que lle permite a XULRunner caber en ficheiros máis pequenos. É unha estratexia de despregues xenéricos para todas as funcións de execución. Prevense mecanismos para instalar, actualizar e desinstalar estas aplicacións. XULRunner ofrecerá tamén libxul, unha solución que permite a incorporación das tecnoloxías de Mozilla noutros proxectos e produtos.