Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Lei de Ohm

Principio básico da teoría de circuítos que consiste en relacionar a tensión aplicada nos extremos dunha resistencia e a corrente que circula por ela.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo: 
É necesario coñecer a Lei de Ohm para aplicar as Leis de Kirchhoff e resolver un circuíto.
Información complementaria: 
A lei de Ohm foi formulada por Georg Simon Ohm. Debido aos estudos deste físico e matemático a unidade de resistencia chámase ohm. A expresión matemática da lei é V = I*R que establece que a tensión aplicada nos extremos é igual ao produto da corrente pola resistencia.
Ver tamén: 
ampere; corrente eléctrica; Leis de Kirchoff; ohm; resistencia eléctrica; tensión; volt
Traducions
Tradución portugués: 
lei de Ohm
Tradución castelán: 
ley de Ohm
Tradución francés: 
loi d'Ohm
Tradución italiano: 
legge di Ohm
Tradución inglés: 
Ohm's Law
Tradución alemán: 
Ohmsches Gesetz