Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

teoría da longa cola

Teoría que, mediante a distribución, explica os gustos da xente, os éxitos, os libros máis lidos, as web ou artigos de bitácoras máis vistos ou as palabras máis buscadas de Internet.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo: 
A teoría da longa cola explica moitos fenómenos no mundo de Internet.
Información complementaria: 
É un substituto do principio de Pareto sobre as distribucións 80%-20% que ata agora se aplicaba á xestión comercial: o 80% dos beneficios é xerado polo 20% dos produtos. Vén dicirnos que, en moitas ocasións, os acontecementos con baixo nivel de frecuencia (compra, atención, lectura...) ao sumarse son en cantidade maiores que os acontecementos que teñen máis nivel de frecuencia. O primeiro en empregar este termo foi Chris Anderson e o artículo orixinal pode lerse no enlace http://www.wired.com/wired/archive/12.10/tail.html. Moitas tendas en liña báseanse neste principio para facer rendible o negocio como Amazon.
Traducions
Tradución portugués: 
cauda longa
Tradución castelán: 
larga estela; larga cola
Tradución francés: 
longue traîne
Tradución italiano: 
coda lunga
Tradución inglés: 
long tail; long tail theory