División dun recurso dispoñible, tempo ou frecuencia, en porcións individuais que definen as canles individuais, empregando para iso unha formulación matemática (frecuencia central e ancho de banda) no caso dun recurso de frecuencia ou pilotos temporais no caso de recursos temporais como o acceso TDMA.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Nas bandas VHF e UHF de TV analóxica, a canalización segue unhas bandas tabuladas que definen a posición da canle en frecuencia, as portadoras de audio e vídeo e as bandas de garda.Información complementaria:
A canalización emprégase para definir a canle de subida e o de baixada nun sistema punto-punto ou punto-multipunto. A definición dos plans de canalización do espectro radioeléctrico corresponde á administración e aparecen recollidos no Cadro Nacional de Atribucións de Frecuencia (CNAF).
Ver tamén:
conexión punto a multipunto; conexión punto a punto; Time División Multiple Access