'Servizo de distribución multipunto multicanle, sistema deseñado inicialmente para a distribución de televisión sen cable que permite en contornos xeográficos reducidos transmitir as canles de TV, o soporte de interactividade e ofrecer servizos audiovisuais interactivos.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
MMDS
Información complementaria:
Pódese integrar con telefonía fixa vía radio na mesma infraestrutura e emprégase para ofrecer acceso de banda ancha sen fíos, traballa nun rango de frecuencias inferior a 3 GHz e alcanza unha distancia superior da orde de decenas de quilómetros.