Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

triplo A

Declaración de conformidade por parte do autor ou provedor de contidos de axustarse ao nivel Triplo-A das directrices de accesibilidade para o contido Web 1.0, incluíndo todos os puntos de verificación de Prioridade 1, Prioridade 2, e Prioridade 3 definidos polo World Wide Web Consortium-Web Accessibility Initiative, en concreto pola Web Content Accessibility Guidelines.

Sinónimos: 
nivel triplo A; AAA
Información complementaria: 
Prioridade 1: Favorecer a carga da páxina en contornos lentos (Ex. PDA, móbiles). A grandes trazos, toda información non textual debe ter un equivalente para que se poida cargar a páxina sen elementos gráficos. Prioridade 2: Satisfacer a eliminación de barreiras nos contidos Web. As cores e o contraste deben ser axeitadas para xente con deficiencias de visión, mesmo dar a opción de poder velo en branco e negro. Prioridade 3: Satisfacer a accesibilidade, é dicir, cunha estrutura lóxica da Web que faga atopar con facilidade os contidos.
Ver tamén: 
iniciativa para accesibilidade web; World Wide Web Consortium; WCAG
Traducions
Tradución portugués: 
triplo A
Tradución castelán: 
triple A; AAA; nivel AAA
Tradución francés: 
triple A; AAA
Tradución italiano: 
tripla A
Tradución inglés: 
AAA; Triple-A; Level Triple-A
Tradución alemán: 
triple A