Subsistema, normalmente un circuíto electrónico, capaz de xerar unha portadora sincronizada co sinal de entrada.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
PLL
Exemplo:
Os receptores de radio e televisión utilizan bucles enganchados en fase para sincronizar o sistema receptor.Información complementaria:
Os sinais enviados normalmente foron modulados cunha portadora sinusoidal en orixe. Para facer unha recepción correcta, moitas veces precisamos xerar un sinal sinusoidal da mesma frecuencia e fase que a portadora de orixe (portadora local). O traballo do bucle enganchado en fase é a correcta sincronización deste sinal, é dicir: que a súa frecuencia e fase sexan exactamente iguais ás de partida. Normalmente a marxe de engache en fase é moi pequena, de 360º (ou sexa engancha calquera fase).
Ver tamén:
marxe de enganche; modulación