Capacidade de transmisión con anchura de banda suficiente para cursar simultaneamente os sinais de telefonía, datos e TV.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
banda larga
Abreviatura:
N/A
Exemplo:
N/AInformación complementaria:
A definición de banda ancha ten distintas acepcións, empregándose inicialmente para os casos nos que se establecía unha velocidade de baixada de información superior á obtida a través do servizo conmutado. Aínda as máis lentas son aproximadamente catro veces máis veloces cós módem analóxicos, cunha media de 256 Kbps, permitindo recibir información, vídeo e audio en tempo real sen problemas, aínda que dependendo sempre da conxestión natural de Internet. Para algúns, a definición é máis simple, e consistiría na posibilidade de poder recibir gran cantidade de información.