Compoñente dos circuítos eléctricos e electrónicos caracterizado por crear un campo magnético a partir da corrente que circula por el.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
indutancia; indución
Información complementaria:
Constrúese enrolando un condutor en forma de hélice. A diferenza dos outros compoñentes básicos (condensadores e resistencias) non se venden bobinas de valor determinado, senón que é necesario adquirir o condutor e enrolalo utilizando unha fórmula dada polo fabricante para estimar o valor de indución pretendido.
Ver tamén:
henry