Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

cámara anecoica

Sala apantallada dotada de material absorbente e un deseño especial que lle permite amortecer e minimizar ou mesmo anular a presenza de ecos no seu interior ao absorber a enerxía electromagnética que incide sobre as súas paredes.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
Emprégase para caracterizar calquera mecanismo que se dispoña no seu interior e someta a unha fonte controlada de sinal. O apantallamento da cámara conséguese mediante a creación dunha gaiola de Faraday usando materiais metálicos coma aluminio ou aceiro, dispostos en formas de láminas do grosor dun papel ou pranchas que marcarán o grao de apantallamento. Este illamento permite asegurar a ausencia de sinais interferentes procedentes do exterior. Grazas á disposición de material absorbente no seu interior, en forma piramidal ou laminar plano, permite simular as condicións de propagación en espazo libre no seu interior, sendo o escenario ideal para a caracterización dos diagramas de radiación de antenas.
Ver tamén: 
apantallamento; cámara de compatibilidade electromagnética; cámara rectangular; cámara reverberante; cámara semianecoica; material absorbente
Traducions
Tradución castelán: 
cámara anecoica
Tradución francés: 
chambre anéchoïque
Tradución italiano: 
camera anecoica
Tradución inglés: 
anechoic chamber
Tradución alemán: 
reflexionsarmer Raum; schallreflexionsarmer Raum