Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

campo eléctrico

Campo vectorial que lle asigna a cada punto do espazo físico un valor determinado pola forza que sufriría unha carga colocada nese punto.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo: 
Un transformador xera ao seu redor campos eléctrico e magnético que afectan as cargas e materiais magnéticos que se acheguen, podendo, por exemplo, borrar unha cinta magnética.
Información complementaria: 
As cargas eléctricas exercen forzas sobre outras cargas (as cargas do mesmo signo xeran forzas repulsivas e as de signos diferentes forzas de atracción). Michael Faraday propuxo en 1832 estudar estes fenómenos supoñendo que unha carga altera as propiedades do espazo que a rodea creando unha magnitude chamada campo eléctrico. Os campos (eléctrico, magnético, etc.) son realmente unha ferramenta matemática usada para modelar a realidade.
Ver tamén: 
campo magnético; ecuacións de Maxwell
Traducions
Tradución portugués: 
campo elétrico
Tradución castelán: 
campo eléctrico
Tradución francés: 
champ électrique
Tradución italiano: 
campo elettrico
Tradución inglés: 
electric field
Tradución alemán: 
Elektrisches Feld