Propiedade física intrínseca dalgunhas partículas subatómicas, como o protón e o electrón, que provoca a interacción electromagnética entre elas.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura:
q (partícula); Q (agrupamento de partículas)
Información complementaria:
No Sistema Internacional de Unidades mídese en Coulomb (C). O valor da carga é sempre múltiplo dunha cantidade fundamental, a carga do electrón ou protón, e toma o valor q = 1.6 10-19 Coulombs. A carga pode ser positiva ou negativa, repeléndose as cargas do mesmo signo e experimentando atracción as de signo oposto. A carga segue o principio de conservación: nin se crea nin se destrúe carga, de modo que a carga total dun sistema permanece constante.
Ver tamén:
coulomb; Lei de Faraday; monopolo magnético