Plataforma para ordenadores portátiles de Intel.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Intel especifica unha combinación específica de placa base, CPU e dispositivo de rede para cada unha das versións da plataforma Centrino. Intel normaliza estas combinacións para conseguir unha maior duración de funcionamento con batería, mellores prestacións e mellor conectividade a redes. O desenvolvemento de Centrino supuxo o pulo definitivo cara aos ordenadores portátiles en detrimento dos ordenadores de sobremesa. Centrino é unha marca rexistrada.
Ver tamén:
Intel; ordenador portátil; placa base; unidade central de procesamento