Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

cobertura óptica

Conxunto de puntos que teñen visión directa dunha antena, e desde os cales é posible trazar unha liña recta que chega ata a antena sen atopar ningún obstáculo.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
puntos con visión directa
Exemplo: 
A cobertura óptica dun satélite chega a case 1/3 da superficie terrestre.
Información complementaria: 
A cobertura óptica non é igual á cobertura radioeléctrica (puntos que poden recibir ou enviar sinais correctamente desde ou ata a antena). Ás veces, hai puntos sen visión directa pero capaces de recibir/emitir (os obstáculos que non sexan demasiado prominentes poden ser salvados pola difracción das ondas). Outras veces pode suceder ao revés, hai puntos con visión directa pero demasiado distantes. Nos sistemas vía satélite considérase que nos puntos no límite da cobertura (que teñen ángulo de elevación da antena entre 0º e 5º) é moi complicado acceder ao servizo do satélite, xa que con 5º ou menos de elevación é fácil que calquera obstáculo entorpeza á visión directa. Nesta situación é necesario buscar un punto “dominante”, isto é que estea por riba do horizonte en 360º á redonda.
Ver tamén: 
cobertura radioeléctrica
Traducions
Tradución castelán: 
cobertura óptica
Tradución inglés: 
optical coverage