Fluxo continuo de electróns a través dun condutor entre dous puntos de distinto potencial.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura:
CC
Información complementaria:
A diferenza da corrente alterna, na corrente continua as cargas eléctricas circulan sempre na mesma dirección, é dicir, os terminais de maior e de menor potencial son sempre os mesmos. Aínda que comunmente se identifica a corrente continua coa corrente constante (por exemplo a subministrada por unha batería), é continua toda corrente que manteña sempre a mesma polaridade.
Ver tamén:
corrente alterna; corrente eléctrica