Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Difusión de vídeo dixital terrestre

Estándar europeo para a difusión de televisión dixital terrestre.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura: 
DVB-T
Información complementaria: 
En canto á visualización, actualmente por compatibilidade cos receptores analóxicos co sistema PAL e SECAM (aínda que este pode teoricamente transmitir máis liñas co PAL) emítese cunha resolución de 720(h)x576(v) (SDTV-PAL) ou 528(h)x576(v). Estanse a preparar as emisións en alta definición (HDTV) mediante o estándar DVB-T que serán de 1280(h)x720(v) ou 1920(h)x1080(v) aínda que cómpre ter un receptor que soporte estas resolucións, que son a maioría dos novos receptores TFT-LCD ou plasma, non así os antigos CRT. En canto á transmisión, o sinal dixital transmítese modulado en COFDM. Isto significa que, en lugar de transmitir todo o sinal nunha portadora, espalla toda a información en varias subportadoras que ocupan a canle, e cada un deles está modulado dixitalmente en QPSK, 16-QAM ou 64-QAM proporcionándolle maior protección fronte aos sinais multitraxecto. Outra das vantaxes é que normalmente nunha canle non só se pode emitir un programa, senón ata catro ou cinco (en España) multiplexándoos mediante un codificador MPEG-2 para o audio e outro para o vídeo. Estes sinais individuais multipléxanse e logo emítense. O receptor desfará o sinal empaquetado e cun descodificador ou setTopBox escollerá o programa para visualizar.
Ver tamén: 
1080i; Difusión de vídeo dixital; Difusión de vídeo dixital por satélite para dispositivos portátiles; Difusión de vídeo dixital para dispositivos portátiles; Difusión de vídeo dixital por satélite; full HD; Motion Pictures Experts Group; Múltiplex; multiplexación por división de frecuencias ortogonais codificadas; multitraxecto; pantalla de cristal líquido; pantalla de plasma; televisión de alta definición; SDTV; Set Top Box; subportadora; Thin Film Transistor; tubo de raios catódicos
Traducions
Tradución castelán: 
DVB-T; Digital Video Broadcasting – Terrestrial; Difusión de Video Digital - Terrestre
Tradución francés: 
DVB-T; Digital Video Broadcasting – Terrestrial
Tradución italiano: 
Digital Video Broadcasting - Terrestrial; DVB-T
Tradución inglés: 
DVB-T; Digital Video Broadcasting — Terrestrial
Tradución alemán: 
DVB-T; Digital Video Broadcasting Terrestrial