Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Servizo europeo xeoestacionario de navegación ampliada

Sistema baseado en satélites para a ampliación das redes GPS e GLONASS desenvolvido pola Axencia Espacial Europea, a Comisión Europea e a empresa Eurocontrol, coa finalidade de proporcionar unha maior precisión e seguridade nos sinais recibidos desde o sistema GPS, permitindo unha precisión teórica inferior aos dous metros.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
EGNOS
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Consta dunha rede composta por 34 estacións de referencia e supervisión de integridade (RIMS) que controlan os sinais dos satélites da constelación GNSS. Unha rede de catro estacións terrestres (MCC, Centros de control de misión) están encargadas de monitorar os erros nos sinais de GPS e actualizar as mensaxes de corrección de erros WAD (Wide Area Differential) enviadas por EGNOS. As Estacións Terrestres de Navegación (Navigation Land Earth Stations, NLES) transmítenlles as mensaxes de corrección e integridade desde o MCC activo aos satélites xeoestacionarios, encargados de radiarlles finalmente o sinal SBAS aos usuarios finais. O segmento espacial de EGNOS está composto por tres satélites xeoestacionarios con cobertura global terrestre, compatible co sistema americano WAAS operativo desde 2003.
Ver tamén: 
Galileo; GLONASS; sistema expandido de área extensa; sistema de posicionamento global
Traducions
Tradución castelán: 
sistema de aumentación basado en satélites
Tradución francés: 
Service Européen de Navigation par Recouvrement Géostationnaire
Tradución inglés: 
European Geostationary Navigation Overlay Service; EGNOS