Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

fax a través de IP

Tecnoloxía que permite a transmisión de información de fax a través dunha rede con protocolo IP.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
fax por IP; fax vía IP; fax a través de Internet; fax por Internet; fax vía Internet
Exemplo: 
Coa tecnoloxía de hoxe en día pódese enviar fax polo ordenador grazas ao fax a través de IP.
Información complementaria: 
Esta tecnoloxía ten a vantaxe principal de aforrarlle un custo substancioso en comunicacións á empresa. Existen tres formas de enviar a información dun fax por redes IP: 1) Fax en tempo real, que usa o protocolo T.38 e instala un gateway na rede IP. 2) Fax por Internet, compatible co T.37, que tamén pode recibir correo electrónico. 3) Fax baseado en telefonía a través de IP, que usa a tecnoloxía G711 para atravesar os gateway de telefonía a través de IP.
Ver tamén: 
pasarela; televisión a través de IP; telefonía a través de IP
Traducions
Tradución castelán: 
fax sobre tecnología IP
Tradución inglés: 
fax over IP; FoIP