Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

frecuencia imaxe

Nun receptor heterodino, frecuencia de entrada distinta á desexada que produce un valor de frecuencia intermedia idéntico ao do sinal desexado causando unha interferencia na recepción.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Se a portadora seleccionada e a súa frecuencia imaxe entran ao mesmo tempo no receptor, mestúranse coa frecuencia do oscilador local e producen frecuencias diferenza idénticas á de frecuencia intermedia obténdose dous grupos de información á saída. A frecuencia imaxe corresponde á inxección lateral superior, o que se corresponde ao valor da frecuencia do oscilador máis o da frecuencia intermedia.
Traducions
Tradución portugués: 
freqüência de imagem (BR); frequência de imagem (PT)
Tradución francés: 
fréquence d'image
Tradución italiano: 
banda immagine
Tradución inglés: 
image frequency