Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

fronte de onda

En física, lugar xeométrico dos puntos do medio que son alcanzados nun mesmo instante pola mesma fase dunha determinada onda, é dicir, aqueles para os que a lonxitude de camiño percorrida dende a fonte é a mesma.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
Non
Abreviatura: 
Non
Exemplo: 
Non
Información complementaria: 
A fronte de onda é perpendicular ao raio que representa a onda. No caso dunha onda electromagnética, o plano que contén o campo eléctrico e o magnético resulta tanxencial á fronte de onda en todos os puntos. O vector que representa a fronte de onda indica a dirección de propagación da onda. Para raios paralelos ou colimados, a fronte de onda é plana. Para raios diverxentes dende un punto, ou converxentes cara a un punto, a fronte de onda é esférica. Para raios con diverxencia ou converxencia variable, a fronte de onda presenta outras formas, como elipsoidal ou parabólica, dependendo da natureza da fonte e do medio.
Traducions
Tradución portugués: 
frente de onda
Tradución castelán: 
frente de onda
Tradución francés: 
front d'onde
Tradución italiano: 
fronte d'onda
Tradución inglés: 
wavefront
Tradución alemán: 
Wellenfront