Periférico informático que realiza a función de escribir en papel documentos (textos e/ou gráficos) almacenados en formato electrónico.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
N/A
Abreviatura:
N/A
Exemplo:
A impresora que acabo de mercar inclúe un servidor web para a súa configuración a través da rede.Información complementaria:
Unha impresora pode ser empregada conectada directamente a un equipo informático, a través dun cable (USB, paralelo, serie, etc.) ou a través dunha rede, ao dispoñer dunha interface de rede (cable ou sen fíos).
As tecnoloxías de impresión máis coñecidas e empregadas son:
- A inxección de tinta: na que se escribe utilizando un depósito de tinta líquida que é inxectada sobre o papel.
- A impresión láser: procede das fotocopiadoras, utiliza tinta en pó que é colocada sobre o papel por medio de electricidade estática e despois é fixada mediante calor.
En ambos os dous casos as impresións en cor fanse mesturando tinta das cores primarias das artes gráficas: marelo, ciano e maxenta.
Ver tamén:
ordenador