Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

clistrón

Tubo de baleiro de feixe lineal usado como amplificador de microondas ou como oscilador, que modula a velocidade dos electróns da fonte, polo cal se produce unha modulación do feixe que permite a amplificación coherente do sinal de modo que a onda de saída resulta perfectamente controlable en amplitude, frecuencia e fase.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
klystron
Información complementaria: 
Existen dúas clases: de cavidade múltiple e de cavidade única ou réflex. Os primeiros empréganse como amplificadores de moi alta potencia e os segundos nos aceleradores lineais. Inventado polos irmáns Sigurd e Russell Varian no verán de 1937 na universidade de Stanford, presentouse oficialmente en 1939. Durante a Segunda Guerra Mundial os Aliados empregaron o magnetrón, mentres que o Triple Eixe fixo uso da tecnoloxía clistrón para os sistemas de radar.
Ver tamén: 
amplificador; oscilador
Traducions
Tradución portugués: 
klystron
Tradución castelán: 
klystron; klistrón
Tradución francés: 
klystron
Tradución italiano: 
klystron
Tradución inglés: 
klystron
Tradución alemán: 
klystron