Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

modulación

Transformación á que se someten os sinais antes de seren enviados por unha canle, cuxo obxectivo é lograr que as caracterísiticas do sinal enviado sexan adecuadas á canle.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Información complementaria: 
As modulacións consisten en inserir o sinal de interese dentro dun sinal que se sabe que se vai transmitir correctamente pola canle. O sinal que se introduce chámase modulador e insírese no sinal portador. O resultado chámase sinal modulado. Normalmente os portadores son sinais sinusoidais da frecuencia adecuada, xa que normalmente a modulación consiste en levar a información a determinada banda de frecuencias. A inserción do sinal consiste en modificar algún dos parámetros do portador, por exemplo: - Modificando a amplitude temos modulación en amplitude (AM). - Modificando a frecuencia temos modulación en frecuencia (FM). - Modificando a fase temos modulación en fase (PM). As dúas últimas reciben o nome de modulacións angulares.
Ver tamén: 
desmodulación; desmodulador; modulador
Traducions
Tradución portugués: 
modulação
Tradución castelán: 
modulación
Tradución francés: 
modulation
Tradución italiano: 
modulazione
Tradución inglés: 
modulation
Tradución alemán: 
Modulation