Unidade derivada de resistencia eléctrica do Sistema internacional.
Categoría Gramatical:
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Abreviatura:
Ω
Exemplo:
Un cable debe ter resistencia baixa para que a corrente o atravese sen problemas. A resistencia dun forno é máis alta para que cando a corrente a atravesa, o faga con dificultade e consecuentemente libere calor. Pero se a resistencia é moi alta, a corrente non pasa en absoluto (caso dos materiais illantes).Información complementaria:
Nos circuítos colócanse resistencias de valor coñecido para lograr que as correntes e tensións do mesmo teñan os valores desexados.
O nome procede do físico e matemático alemán Georg Simon Ohm, un dos primeiros que estudaron a electricidade.
Ver tamén:
resistencia eléctrica; óhmetro