Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

onda electromagnética

Sinal electromagnético capaz de propagarse polo aire, polo baleiro ou por medios dieléctricos.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
radiación electromagnética
Exemplo: 
Todos os aparatos eléctricos producen ondas electromagnéticas.
Información complementaria: 
As magnitudes fundamentais dunha onda electromagnética son dúas: o campo eléctrico e o magnético que sempre son perpendiculares. Segundo a dirección do campo eléctrico defínese a polarización da onda: horizontal, vertical ou circular (dirección non constante). O parámetro máis importante dunha onda é a súa frecuencia xa que define como se vai propagar e outras propiedades importantes. As ondas de frecuencia no intervalo visible son coñecidas como ondas luminosas ou luz. Outra propiedade determinada pola frecuencia é a enerxía por fotón; para certos efectos, pódese supoñer que a enerxía da onda viaxa en unidades discretas chamadas fotóns. A enerxía por fotón aumenta coa frecuencia. A frecuencias moi altas os fotóns poden chegar a ionizar os átomos da materia (radiacións ionizantes). A exposición a radiacións ionizantes ten efectos nocivos sobre a saúde humana e animal. Estas radiacións non se empregan en telecomunicacións. Son exemplos delas os raios X empregados en medicina e os raios gamma desprendidos polo núcleo das centrais nucleares. O resto das ondas electromagnéticas só teñen un efecto probado sobre a materia orgánica: o térmico e segundo a OMS non son daniñas. Todas as ondas electromagnéticas son radiacións. Só as ionizantes reciben o nome de radioactividade.
Ver tamén: 
campo eléctrico; campo magnético
Traducions
Tradución portugués: 
onda eletromagnética
Tradución castelán: 
onda electromagnética
Tradución francés: 
onde électromagnétique
Tradución italiano: 
onda elettromagnetica
Tradución inglés: 
Electromagnetic Wave; EMR; Electromagnetic Radiation
Tradución alemán: 
elektromagnetische Welle