Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

onda estacionaria

Onda formada pola interferencia de dúas ondas da mesma natureza que avanzan en sentido oposto a través dun medio con igual amplitude, lonxitude de onda e frecuencia.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
As ondas estacionarias permanecen confinadas nun espazo (corda, tubo con aire, membrana, etc.). A amplitude da oscilación para cada punto depende da súa posición, mais a frecuencia é a mesma para todos e coincide coa frecuencia das ondas que interfiren. Hai puntos que non vibran (nodos) e permanecen inmóbiles e estacionarios, mentres que outros (antinodos) fano cunha amplitude de vibración máxima, igual ao dobre da amplitude das ondas que interfiren, e cunha enerxía máxima. O nome de onda estacionaria provén da aparente inmobilidade dos nodos. A distancia que separa dous nodos ou dous antinodos consecutivos é media lonxitude de onda.
Ver tamén: 
onda; onda incidente; onda reflectida
Traducions
Tradución castelán: 
onda estacionaria
Tradución francés: 
onde stationnaire
Tradución inglés: 
standing wave