Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

oscilador

Circuíto deseñado para xerar sinais periódicos case sempre senoidais ou cadrados que logo son utilizados por outras partes dun sistema electrónico.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
xerador de funcións periódicas; reloxo (depende do contexto)
Exemplo: 
Os osciladores dixitais crean sinais cadrados que son utilizados como sinal de reloxo nos sistemas secuenciais.
Información complementaria: 
Moitos osciladores están construídos pola técnica de saturar un amplificador para lograr un sinal de saída periódico aínda que distorsionado pola saturación. Ese sinal pasa despois por un filtro que retén só a frecuencia de interese, ese sinal da frecuencia adecuada volverá ser inxectado como entrada do amplificador (realimentación).
Ver tamén: 
amplificador; filtro; oscilador controlado por resoador dieléctrico; oscilador de cristal; oscilador de Armstrong; oscilador Butler; oscilador de cambio de fase; oscilador de Clapp; oscilador de Colpitts; oscilador de frecuencia de batemento; oscilador de frecuencia variable; oscilador de relaxación; oscilador Vackar; oscilador en ponte de Wien; oscilador local; oscilador RC; realimentación
Traducions
Tradución portugués: 
oscilador
Tradución castelán: 
oscilador
Tradución francés: 
oscillateur
Tradución italiano: 
oscillatore
Tradución inglés: 
oscillator
Tradución alemán: 
Oszillator