Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

permitividade dieléctrica

En física, propiedade dun medio ou material para permitir o paso de campo eléctrico ao seu través indicando tamén a organización da carga eléctrica no interior do material.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
permitividade
Abreviatura: 
ε
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Para un medio lineal, a permitividade dieléctrica absoluta ε está dada pola relación entre o campo de desprazamento eléctrico que aparece no interior do material (D) e a intensidade de campo eléctrico existente (E). No Sistema Internacional de unidades, a permitividade dieléctrica mídese en amperes e segundos divididos entre volts e metros (A∙s)/(V∙m) ou farads por metro (F/m). A permitividade non é unha constante, e pode tomar valores reais ou complexos en función da frecuencia. A permitividade dieléctrica do baleiro denomínase constante dieléctrica, represéntase mediante o símbolo ε0 e ten o valor de 8,8541878176x10^-12 F/m.
Ver tamén: 
campo eléctrico; permitividade dieléctrica relativa
Traducions
Tradución castelán: 
permitividad dieléctrica
Tradución francés: 
permittivité diélectrique
Tradución inglés: 
dielectric permittivity