Tecnoloxía para implementar redes de control distribuído sobre direrentes medios físicos con conectividade total e capacidade de telexestión, que presenta unha solución con arquitectura descentralizada, extremo-a-extremo, que distribúe a intelixencia entre os sensores e os actuadores instalados na vivenda.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Foi desenvolvida a finais dos anos oitenta pola empresa norteamericana Echelon. Esta tecnoloxía estase a popularizar en aplicacións de domótica, xestión intelixente de edificios, redes de contadores, automatización industrial, industria do transporte, etc, debido á súa versatilidade e ao apoio de grandes compañías do sector que a foron adoptando.
Ver tamén:
domótica