Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

portadora

Forma de onda, xeralmente senoidal, que se utiliza para transportar unha información mediante o proceso da modulación por un sinal que se quere transmitir, sendo a onda portadora dunha frecuencia moito máis alta que a do sinal modulador (o sinal que contén a información que se vai transmitir).

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Sinónimos: 
onda portadora
Abreviatura: 
NA
Exemplo: 
NA
Información complementaria: 
Ó modular un sinal desprázase o seu contido espectral en frecuencia, ocupando un certo ancho de banda ó redor da frecuencia da onda portadora. Isto permite multiplexar en frecuencia varios sinais simplemente utilizando diferentes ondas portadoras e conseguir así un uso máis eficiente do espectro de frecuencias. Outra vantaxe da modulación mediante ondas portadoras é a maior facilidade na transmisión da información. Resulta máis barato transmitir un sinal de frecuencia alta (como é a modulada) e o alcance é maior. As ondas portadoras son usadas cando se transmiten sinais de radio a un radiorreceptor. Tanto os sinais de modulación de amplitude (AM) como os de frecuencia modulada (FM) son transmitidos coa axuda de frecuencias portadoras. A frecuencia para unha estación de radio dada é en realidade a frecuencia da súa onda portadora.
Traducions
Tradución portugués: 
portadora
Tradución castelán: 
onda portadora
Tradución francés: 
porteuse
Tradución italiano: 
onda portante; portante
Tradución inglés: 
carrier
Tradución alemán: 
Trägersignal