Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

receptor heterodino

Arquitectura de receptor que fai uso do principio da heterodinación, polo cal pode obterse un sinal de nova frecuencia nunha banda de interese a partir do uso dun dispositivo non lineal, como un transistor, válvula ou díodo.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
Non
Abreviatura: 
Non
Exemplo: 
Non
Información complementaria: 
O resultado da mestura de dous sinais de distinta frecuencia á entrada do dispositivo non lineal denomínase mestura heterodina. Un receptor deste tipo consta dunha etapa de amplificación seguida dunha etapa de mestura de dous sinais de diferente frecuencia, a de radiofrecuencia de entrada ó receptor e a de oscilador local, producindo á súa saída un sinal chamado de frecuencia intermedia. De acordo coas propiedades da función seno, prodúcense dous sinais de frecuencia intermedia, chamados sinais de banda lateral. Estes presentan unha frecuencia correspondente á suma e á diferenza dos sinais de radiofrecuencia e de oscilador local. A banda inferior é de interese na modulación, mentres que a banda superior é máis usada na desmodulación.
Ver tamén: 
mesturador; receptor homodino; receptor superheterodino
Traducions
Tradución castelán: 
receptor heterodino
Tradución francés: 
récepteur hétérodyne
Tradución italiano: 
ricevitore eterodino
Tradución inglés: 
heterodyne receiver
Tradución alemán: 
Heterodynempfänger