Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

réxime da propiedade horizontal

Réxime que fai referencia aos dereitos e obrigas que teñen os copropietarios dun inmoble no que existen elementos comúns e necesarios para o adecuado uso e gozo do edificio, todos eles ata a entrada do espazo privativo, incluídas tamén as servidumes e calquera outro elemento material ou xurídico que pola súa natureza ou destino resulte indivisible.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria: 
O réxime está regulado pola Lei 49/1960, de 21 de xullo, de propiedade horizontal. Son considerados elementos comúns: o solo; voo; alicerces; cubertas; elementos estruturais; como piares, vigas, forxados ou muros de carga; as fachadas, cos revestimentos exteriores de terrazas, balcóns e fiestras, incluíndo a súa imaxe ou configuración, os elementos de cerramento que as conforman e os seus revestimentos exteriores; o portal, as escaleiras, portarías, corredores, muros, foxos, patios, pozos e os recintos destinados a ascensores, depósitos, contadores, telefonías e outros servizos ou instalacións comúns, incluso aqueles que foron de uso privativo; os ascensores e as instalacións, conducións e canalizacións para desaugadoiro e para a subministración de auga, gas ou electricidade, mesmo as de aproveitamento de enerxía solar; as de auga quente sanitaria, calefacción, aire acondicionado, ventilación ou evacuación de fumes; as de detección e prevención de lumes; as de porteiro electrónico e outras de seguridade do edificio, así como as de antenas colectivas e demais instalacións para os sevizos audiovisuais ou de telecomunicación.
Traducions
Tradución castelán: 
régimen de propiedad horizontal