Vivenda cun deseño arquitectónico que se adapta mellor ao ambiente e reduce o consumo enerxético contribuíndo a preservar o planeta.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
A vivenda bioclimática ultimamente asóciase a vivenda domótica.Información complementaria:
O deseño arquitectónico de edificios e sistemas empezou a poñer en valor temas bioclimáticos como fórmula de aforro enerxético desde unha perspectiva económica a partir da primeira crise do petróleo en 1973. O principal cambio experimentado nos últimos anos é que esa visión simplemente económica e local complementouse cunha nova visión de protección e coidado do ambiente de todo o planeta.