Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

ruído branco

Sinal aleatorio errático (proceso estocástico) que se caracteriza porque os seus valores de sinal en dous instantes de tempo diferentes non gardan correlación estatística e, como consecuencia disto, a súa densidade espectral de potencia é independente da frecuencia, é dicir, a súa gráfica é plana, o que significa que o sinal contén todas as frecuencias e todas elas teñen a mesma potencia.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
ruído aleatorio de espectro uniforme; ruído de distribución uniforme
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Igual fenómeno sucede coa luz branca, o que motiva a denominación. Se a densidade espectral de potencia non é plana entón dise que o ruído está 'coloreado' (correlacionado).
Ver tamén: 
ruído
Traducions
Tradución portugués: 
ruído branco
Tradución castelán: 
ruido blanco
Tradución francés: 
bruit blanc
Tradución italiano: 
rumore bianco
Tradución inglés: 
white noise; uniform-spectrum random noise; flat random noise; white noise
Tradución alemán: 
Weißes Rauschen