'Linguaxe de consulta estruturada', linguaxe de programación empregada para a xestión dos sistemas de bases de datos relacionais.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura:
SQL
Exemplo:
A instrución máis importante da SQL é o "select" que permite obter táboas de resultados baseadas en seleccións e/ou combinacións das táboas da base de datos.Información complementaria:
Esta linguaxe está pensada para facer consultas e operacións en bases de datos relacionais, onde as instrucións operan con táboas, xa que estas son as unidades fundamentais do modelo relacional. SQL é a linguaxe principal das bases de datos comerciais máis importantes: Oracle, SQL server... e tamén aparece en bases de datos Open Source como My-SQL MiniSQL...
Ver tamén:
modelo relacional