Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

repartidor (01)

Elemento pasivo dunha rede de cable coaxial cunha entrada e dúas ou máis saídas que permite repartir o mesmo sinal de radiofrecuencia en dúas ou mais saídas, facilitando a distribución do sinal baseada na técnica de ramificación.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
divisor
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
Se hai máis dunha toma de TV na vivenda entón fai falta un repartidor.
Información complementaria: 
Os repartidores normalmente constrúense utilizando circuítos de bobinas e a súa aplicación máis importante é na distribución de sinais HFC en redes híbridas e de televisión dentro dos edificios (distribución de televisión nos proxectos de ICT). Un repartidor polo tanto distribúe o sinal entre varios camiños. Como se trata de dispositivos pasivos, non teñen alimentación, a potencia entrante non pode crecer, por iso a dita potencia será repartida entre as saídas. En casos prácticos sempre haberá certa perda adicional pola propia resistencia interna do repartidor. Utilízase habitualmente para repartir o sinal de TV que chega ao PAU de entrada da vivenda ata as tomas de usuario. Os repartidores e os derivadores non son o mesmo elemnto pasivo, nin tratan por igual o sinal.
Traducions
Tradución castelán: 
repartidor
Tradución inglés: 
splitter