Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Transmission Control Protocol/Internet Protocol

'Protocolo de control de transmisión/Protocolo de Internet', arquitectura de protocolos dos ordenadores conectados a Internet e a única arquitectura de rede que se usa no mundo.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
arquitectura Internet
Abreviatura: 
TCP/IP
Exemplo: 
A arquitectura TCP/IP é a máis estendida hoxe en día, a chamada arquitectura OSI pretendía ser estándar pero caeu en desuso.
Información complementaria: 
As arquitecturas de protocolos definen diferentes protocolos con distintas funcións que actúan situados en capas ou niveis de modo que os protocolos dun nivel utilizan os servizos proporcionados polos do nivel inferior. A arquitectura TCP/IP define cinco niveis: - Físico: transmisión dos datos propiamente dita, cablaxe, sinais, modulacións... - Enlace: control da unión entre dous ordenadores conectados directamente, detección e corrección de erros na comunicación. Ás veces este nivel ten que xestionar o acceso a un medio compartido (protocolos MAC: Medium Access Control). - Interrede (nivel IP): permite chegar dun ordenador a outro aínda que estea no outro extremo da rede, o seu traballo é o encamiñamento, atopar camiños pasando por cantos nós intermedios sexa preciso. - Transporte: control de conexións extremo a extremo. Trátase de detectar e corrixir erros do nivel de rede (mensaxes extraviadas, duplicadas, interlocutor caído ...). - Aplicación: programas de aplicación (smtp: correo electrónico, http: servizos Web). A arquitectura recibe o seu nome dos dous protocolos máis importantes dela: - O TCP (Transmission Control Protocol) que se usa no nivel 4. - O IP (Internet Protocol) que se usa no nivel 3.
Ver tamén: 
Internet Protocol; Open System Interconnection; Transmission Control Protocol; User Datagram Protocol
Traducions
Tradución portugués: 
TCP/IP; Transmission Control Protocol/Internet Protocol
Tradución castelán: 
TCP/IP; Transmission Control Protocol/Internet Protocol
Tradución francés: 
TCP/IP; Transmission Control Protocol/Internet Protocol
Tradución italiano: 
TCP/IP; Transmission Control Protocol/Internet Protocol
Tradución inglés: 
TCP/IP;Transmission Control Protocol/Internet Protocol
Tradución alemán: 
TCP/IP