Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

telegrafía

Transmisión a longa distancia de mensaxes escritas, orixinalmente sobre cables ou sen cables, que utiliza a radio como medio de transmisión.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Información complementaria: 
A telegrafía inclúe formas recentes de transmisión de datos tales como fax, correo electrónico e redes de ordenadores en xeral. As mensaxes de telegrafía eran enviadas inicialmente por operadores de telégrafo que usaban código Morse e eran coñecidas como telegramas ou cablegramas. Máis adiante, os telegramas serían enviados a través dunhas redes de télex similares á rede de teléfono, composta por teletipos. Un telegrama é unha mensaxe de texto breve que se envía rapidamente mediante unha codificación. Utilizouse para transmitir información importante con poucas palabras e de forma rápida con respecto a unha carta. Antes de que os servizos telefónicos interurbanos foran física e economicamente viables, os servizos de telegramas eran moi populares. Os telegramas eran usados frecuentemente para confirmar acordos de negocios e, a diferenza do correo electrónico, tamén para crear documentos legais vinculantes para estes acordos.
Traducions
Tradución portugués: 
telegrafia
Tradución castelán: 
telegrafía
Tradución francés: 
télégraphe
Tradución italiano: 
telegrafo
Tradución inglés: 
Telegraphy
Tradución alemán: 
Telegrafie