Protocolo de acceso ao medio en redes de ordenadores publicado como estándar IEEE 802.4.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Exemplo:
O Token bus atópase practicamente en desuso e foi desprazado polo protocolo ethernet.Información complementaria:
O token bus baséase en crear unha trama especial chamada testemuña (token). Os ordenadores van rotando a posesión da testemuña. Só a máquina que ten a testumuña pode enviar.
O token bus define ademais unha cablaxe tipo bus, isto é, os ordenadores conéctanse todos a un único cable que envía os sinais en ambas as dúas direccións como, por exemplo, un cable coaxial. As mensaxes chegan a todos pero só as le o que figure como destinatario na cabeceira.
Ver tamén:
Acceso múltiple de portadora con detección de colisións; Aloha; Ethernet; token; token ring;