Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Token ring

'Rede en anel', protocolo de acceso ao medio en redes de ordenadores, publicado como estándar IEEE 802.5, que se basea en crear unha trama especial chamada testemuña onde os ordenadores van rotando a posesión desta e só a máquina que ten a testemuña pode enviar.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Exemplo: 
As redes token ring están practicamente en desuso e foron substituídas por redes ethernet.
Información complementaria: 
O token ring especifica unha cablaxe tipo anel na que cada ordenador ten unha entrada e unha saída. Pola entrada vai recibir datos da máquina anterior e pola saída vai enviarllos á seguinte. Toda a información ten que circular polo anel o que fai, ás veces, a estrutura ineficiente. A testemuña vai rotando entre as máquinas e cada unha aproveita a súa posesión para enviar datos que, no peor dos casos, teñen que dar toda a volta. A estrutura en anel pode dar tamén moitos problemas de mantemento xa que é complexo engadir ou quitar máquinas...
Ver tamén: 
Acceso múltiple de portadora con detección de colisións; Aloha; Ethernet; token; token bus;
Traducions
Tradución portugués: 
Token ring
Tradución castelán: 
Token ring
Tradución francés: 
Anneau à jeton
Tradución italiano: 
Token ring
Tradución inglés: 
Token ring
Tradución alemán: 
Token ring