Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

topoloxía en anel

Estrutura de conexión interna entre os elementos dunha rede na que as estacións se conectan unhas a outras formando un anel, de tal forma que cada estación está conectada con outras dúas.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
rede en anel
Exemplo: 
O operador de cable R emprega unha rede de anel dobre para transportar a información, o que lle proporciona unha tolerancia ante fallos.
Información complementaria: 
As estacións reciben o sinal e reenvíano á seguinte. Para determinar quen é o encargado de transmitir envíase unha trama denominada testemuña. Deste xeito, a estación que posúe esta testemuña terá a posibilidade de transmitir. Un dos principais puntos débiles desta topoloxía é a súa difícil ampliación, o que implica interromper o funcionamento da rede. Como punto positivo, este tipo de rede require menos cable que a de estrela, aínda que algo máis que a topoloxía BUS e ofrece unha sinxela identificación dos problemas que ocorren no medio de transmisión. Se ocorre un corte no fío de comunicación, toda a rede queda inutilizada e un nodo que transmita un exceso de datos a outros nodos pode producir a saturación do BUS de comunicación. Con respecto ao funcionamento individual, cada nodo debe rexenerar as mensaxes que recibe e reenvialas á rede o que pode penalizar a velocidade de transmisión e limitar a distancia entre nodos cuxo aumento converte a cada un deles nun punto potencial de caída de toda a rede. Normalmente, adóitanse deseñar topoloxías de anel dobre, para que a información se poida enviar en ambos os dous sentidos: desta forma a topoloxía ten redundancia ante fallos.
Ver tamén: 
configuración en redundancia; testemuña; topoloxía en estrela; topoloxía en bus
Traducions
Tradución portugués: 
rede em anel
Tradución castelán: 
red en anillo
Tradución francés: 
réseau en anneau
Tradución italiano: 
reti ad anello
Tradución inglés: 
ring topology; ring net; ring network; ring network topology
Tradución alemán: 
Ring-Topologie