Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

efecto túnel

Peculiaridade dalgúns circuítos integrados onde é posible que as cargas se movan de xeito diferente ao esperado o que permite crear certos dispositivos coma os díodos túnel.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo: 
George Gamow foi o primeiro en estudar matematicamente o efecto túnel.
Información complementaria: 
O efecto túnel é un exemplo de fenómeno cuántico. A mecánica cuántica é a parte da física que explica o movemento das cargas elementais (electróns). Debido á súa masa moi pequena e para os efectos das cargas e da axitación térmica estas partículas poden ter comportamentos que serían imposibles en obxectos macroscópicos. No efecto túnel os electróns son capaces de atravesar un campo eléctrico contrario que nunca atravesarían cargas macroscópicas.
Ver tamén: 
díodo
Traducions
Tradución portugués: 
efeito túnel
Tradución castelán: 
efecto túnel
Tradución francés: 
effet tunnel
Tradución italiano: 
effetto tunnel
Tradución inglés: 
Quantum tunnelling
Tradución alemán: 
Tunneleffekt