Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

válvula

Dispositivo da electrónica baseado en facer o baleiro dentro dunha ampola de vidro e colocar varios eléctrodos no interior.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Exemplo: 
As válvulas foron substituídas polos transistores en case todas as aplicacións, pero aínda quedan algunhas aplicacións nas que non foron superadas e se seguen a utilizar como nos amplificadores.
Información complementaria: 
O nome completo sería válvula termoiónica ou válvula de baleiro. Nunha válvula sempre haberá un eléctrodo próximo a un filamento de tungsteno (filamento de caldeo). Cando ese filamento quente o eléctrodo fará que poida emitir electróns (efecto descuberto por Thomas Edison). O eléctrodo quente é, polo tanto, o negativo (cátodo). Obrigatoriamente sempre haberá un que recolla eses electróns, eléctrodo positivo (ánodo). A válvula que só ten ánodo e cátodo é un díodo (só conduce nun sentido). Segundo o tipo de válvula pode haber outros eléctrodos (grellas) situados entre ánodo e cátodo: tríodo (unha grella), tétrodo (dúas), etc.
Ver tamén: 
ánodo; cátodo; díodo; tríodo; tétrodo; péntodo
Traducions
Tradución portugués: 
válvula termiônica
Tradución castelán: 
válvula; válvula termoiónica
Tradución francés: 
tube électronique
Tradución italiano: 
valvola termoionica
Tradución inglés: 
vacuum tube
Tradución alemán: 
Elektronenröhre