'Porto gráfico acelerado', especificación de porto gráfico de alta velocidade desenvolvido por Intel que substituíu á interconexión de compoñentes periféricos para esta tarefa.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
AGP
Información complementaria:
A vantaxe que ten é que permite manexar maior caudal de datos mellorando a calidade da imaxe. A frecuencia fundamental coa que traballan é de 66 Mhz (AGP 1x) e así ata as últimas implementacións (AGP 8x). O tratamento de datos vai desde palabras de 8 bits ata os 32 bits. Isto permite ter varios canles de datos diferentes que van desde os 266 Mbit/s ata os 2,1 Gbit/s segundo a arquitectura na que se implementen. A nomenclatura xa non fai só referencia ao multiplicador, senón tamén ao largo de banda do bus de datos que manexe.
Ver tamén:
interconexión de compoñentes periféricos; VESA