Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

código fonte (01)

Secuencia de declaracións e sentenzas escritas nunha linguaxe de programación lexible por un humano (habitualmente nun subconxunto de palabras inglesas) que teñen que ser traducidas a outra linguaxe entendible pola máquina (linguaxe máquina ou código obxecto) para poderen ser executadas.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo: 
O código fonte do cliente Torrent está escrito en Java.
Información complementaria: 
A tradución dunha linguaxe a outra adoita facerse por programas informáticos específicos como intérpretes, ensambladores, compiladores, etc.
Traducions
Tradución portugués: 
código fonte; código-fonte; source code
Tradución castelán: 
código fuente
Tradución francés: 
code source; sources
Tradución italiano: 
codice sorgente; sorgente
Tradución inglés: 
source code; source
Tradución alemán: 
Quelltext; Quellcode; Programmcode