Conxunto de programas (como mínimo sistema operativo Windows, servidor web Apache, xestor de bases de datos MySQL e linguaxe PHP ou Perl ou Python, aínda que tamén pode incluír outros como unha interface phpMyAdmin) de gran difusión que permiten a creación de webs dinámicas dotadas de acceso a bases de datos en Windows.
Categoría Gramatical:
abreviación, abreviatura, acrónimo, sigla (PVC)
Sinónimos:
Windows, Apache, MySQL and PHP; Windows, Apache, MySQL and Perl; Windows, Apache, MySQL and Python
Exemplo:
O Appserv é un instalador de Apache, PHP e MySQL para Windows co que poderemos montar un sistema WAMP de xeito doado.Información complementaria:
O carácter gratuíto das tecnoloxías WAMP permitiu a súa extensión e hoxe en día moitos provedores dan soporte a este conxunto de tecnoloxías, aínda que tamén se desenvolveron versións para Linux e para Macintosh. Existen paquetes de instalación automatizados que permiten unha rápida implantación en local de xeito que poidamos montar unha plataforma de desenvolvemento ou de probas nos nosos equipos. A pesar de que responde ás iniciais dos programas fundamentais que inclúe, a súa composición é variable.
Ver tamén:
Linux, Apache, MySQL e PHP; Linux, Apache, MyQSL and Programming Language