Procesado da información dunha gran base de datos co obxectivo de extraer información non trivial e obter as tendencias e modelos sobre o comportamento no pasado e futuro, de xeito que axuden á toma de decisións na empresa.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
prospección de datos
Exemplo:
A empresa anda na procura dun experto en extracción de datos.Información complementaria:
Debido á gran cantidade de datos a tratar, necesítanse ferramentas moi potentes.