Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

linguaxe imperativa

Linguaxe de programación baseada en especificar ordes concretas á máquina porque para realizar un proceso complexo hai que dividilo nunha secuencia ordenada de accións simples.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo: 
BASIC, C e PASCAL son linguaxes imperativas.
Información complementaria: 
As linguaxes imperativas son as que lle mandan ao ordenador as accións que hai que seguir para resolver un problema. A maioría de linguaxes de programación coñecidas son imperativas: C, Pascal, Basic, etc. Aínda que hoxe en día están en auxe as linguaxes que mesturan conceptos imperativos con outros orientados a obxectos (C++, Java). Nestas liguaxes as ordes que se lle dan ao ordenador adóitanse agrupar en unidades chamadas procedementos (procedures en inglés), de aí que se lles chame ás veces "linguaxes procedurais".
Ver tamén: 
C; C++; Java
Traducions
Tradución portugués: 
programação imperativa; programação procedural
Tradución castelán: 
lenguaje imperativo
Tradución francés: 
programmation impérative
Tradución inglés: 
imperative language
Tradución alemán: 
Imperative Programmierung