Sistema operativo multitarefa e multiusuario que, polas súas características, se adoptou amplamente no mundo universitario, e do que naceron diferentes versións, unha das máis significativa, a versión BSD, desenvolvida na Universidade de California en Berkeley.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura:
UNIX
Exemplo:
Sistemas similares a UNIX (non certificados) son: linux, HP-UX (HP), AIX (IBM), IRIX (Silicon Graphics)....Información complementaria:
Foi densenvolvido en 1969 nos laboratorios Bell. Actualmente UNIX é unha marca rexistrada do consorcio The Open Group. Este grupo publicou a "Single Unix Specification" ou lista de características dun sistema operativo para ser considerado UNIX. The Open Group certifica que sistemas operativos poden chamarse UNIX.
Porén, existen outros sistemas parecidos a UNIX, non certificados, e con nomes que o lembran ou suxiren por gardar certo parecido,como Linux, que superou en expansión ao UNIX orixinal.
Ver tamén:
Linux