Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Linguaxe de programación básica combinada

Linguaxe de programación ordenada, potente e moi fácil de adaptar a diferentes arquitecturas, que se popularizou nos programas de arranque das computadoras debido aos seus compiladores simples e compactos.

Categoría Gramatical: 
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura: 
BCPL
Información complementaria: 
Foi deseñada por Martin Richards, da Universidade de Cambridge, en 1966, debido ás dificultades experimentadas coa linguaxe de programación CPL durante os anos 60. Anos despois, Dennis Ritchie usouna como base para desenvolver B (que á súa vez daría lugar á popular linguaxe de programación C). Algúns sistemas operativos foron escritos total ou parcialmente en BCPL (TRIPOS e Amiga Kickstart entre outros). Ten a peculiaridade de ter só un tipo de dato: a palabra (word) composta dunha cantidade fixa de bits depende do tipo de arquitectura subxacente.
Traducions
Tradución portugués: 
Basic Combined Programming Language; BCPL; Linguagem de programaçâo básica combinada
Tradución castelán: 
Basic Combined Programming Language;BCPL; Lenguaje de programación combinado en basic; Lenguaje de combinación básico combinado
Tradución francés: 
Basic Combined Programming Language;BCPL
Tradución italiano: 
Basic Combined Programming Language; BCPL; linguaggio di programmazione combinato di base
Tradución inglés: 
Basic Combined Programming Language; BCPL
Tradución alemán: 
Basic Combined Programming Language; BCPL